Unha botella cunha mensaxe dunha muller cubana, a terceira que atopa un veciño de Oia

O contido da botella e está datada en Cuba o 22 de agosto de 2022

Secundino Vicente extrae a mensaxe manuscrita que contiña a botella
G24.gal 24/11/2023 12:20

Atopar unha botella cunha mensaxe semella como dar cunha agulla nun palleiro. Pois un veciño de Oia vai xa pola terceira. Secundino Vicente localizou estes días nunhas rochas unha botella cunha curiosa carta procedente de Cuba. ​

Foi nas rochas da zona coñecida como As Lagoas, onde varou a botella e chamou a atención de Secundino nun dos seus paseos diarios.

O contido da botella é unha ofrenda. A carta está escrita por unha muller. Datada en Cuba o 22 de agosto de 2022. É unha ofrenda a Yemayá, a deusa do mar á que veneran na relixión e cultura yoruba. A muller pídelle protección para a súa familia, que fuxiu de Cuba e intenta chegar aos Estados Unidos.

Esta é a terceira botella con mensaxe que atopa Secundino. A primeira foi en 2016 e tiña unha carta de dous nenos canadenses. A segunda contiña parte das cinsas dun surfista americano e fora lanzada ao mar 8 anos antes en Cabo Cañaveral polo seu pai. Esa cedeulla a un restaurante como decoración. Neste caso, ao ser unha ofrenda, Secundino ten claro que non vai quedar con ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar