Un mural en homenaxe a Manuel, falecido por caerlle un muro no seu instituto
Un mural en homenaxe a Manuel, falecido por caerlle un muro no seu instituto
O artista gráfico Cami foi o encagardo de facer a obra en recordo do neno
![Mural feito polo artista gráfico Cami en homenaxe a Manuel](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20231124/mural3.png)
"Sempre con nós, Xigante, amigo de clase, compañeiro de vida" é a frase protagonista do mural feito polo artista gráfico Cami. Unha forma de homenaxe a Manuel, falecido o 26 de outubro de 2022 ao caerlle o muro dos vestiarios do seu instituto, IES Julio Prieto Nespereira (Ourense).
Foi un acto de homenaxe íntimo e emotivo entre profesores, alumnos e familiares que tiña como protagonista esta obra na que ademais da frase, debúxanse os gustos e afeccións de Manuel.
Actualmente, hai unha causa xudicial aberta en que xa declarou o arquitecto que deseñara a estrutura do muro. Ademais, a xuíza tomou a decisión de ampliar o número de investigados que pasarán polo xulgado a partir do mes de febreiro.