Un laboratorio de Móstoles crea os combustibles renovables que se producirán na Coruña

Antes de que remate o ano, entrará en funcionamento na Coruña a primeira estación de servizo de Galicia con combustibles cen por cento renovables

É o punto e final dun proceso que comeza na localidade madrileña de Móstoles, no centro de investigación privado máis grande de España

G24.gal 06/11/2023 14:28

Aceite de cociña usado, restos de podas forestais ou calquera tipo de residuo orgánico é o novo petróleo co que xa se traballa para producir combustibles renovables. En laboratorios de formulación como o de Repsol Tech Lab dan os primeiros pasos.

"Unha vez coñecemos en detalle como son todos eses procesos e como teñen que funcionar, podemos propoñer aos nosos complexos, como por exemplo o da Coruña, cal é o mellor residuo que poden tratar", explica Aurora Mañas, xerente do laboratorio.

Pero antes de chegar aos grandes complexos, neste centro de Móstoles tamén se fai a produción a pequena escala grazas a 35 minirrefinerías que recrean a actividade industrial da compañía. 

"Aquí preparamos todos os nosos ferros para poder procesar todas estas materias primas ou incluso desenvolver novos proxectos", comenta Mercedes Ayala, responsable das plantas piloto de Repsol Tech Lab.

E aqueles que cumpren cos parámetros requiridos pasan a unha terceira fase, a proba en motores reais. 

"Quimicamente parécense moito aos que temos hoxe en día, e iso fai que sexan compatibles coa estrutura de repostaxe que temos a día de hoxe e cos motores que temos circulando polas nosas estradas" apunta Dolores Cárdenas, Responsable Deseño de Produto.

De feito, a refinería da Coruña xa fixo en 2021 a primeira proba con aceite usado. O pasado ano utilizou máis de 125.000 toneladas de materia prima bio de distintos tipos para fabricar biocombustible. E antes de que remate o ano espera aumentar a cifra nun 30 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade