Un caco que rouba sen deixar rastro en Narón

A policía prendeu o ladrón, pero quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial

G24.gal 08/12/2023 16:11

Narón foi o escenario nos últimos meses dunha vaga de roubos moi particular. O autor, detido nos últimos días pero de novo en liberdade á espera do xuízo, coábase nas vivendas dun bloque sen causar ningún dano, presumiblemente valéndose dunha chave mestra. 

Entraba sen deixar rastro nas pechaduras das casas e, unha vez dentro, roubaba, sen remexer nada, todos os aparellos electrónicos e as xoias de valor. Ante esta situación, aos veciños non lles quedou outra que incrementar as medidas de seguridade nos seus fogares.

E ata foron quen de organizar quendas de vixilancia nos accesos aos seus edificios. E precisamente, grazas a isto e tamén ás imaxes gravadas pola cámara de seguridade que tamén instalaron eles, deron que ladrón que, finalmente foi detido pola policía malia que, xa está en liberdade á espera de xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar