Un ano despois da caída do muro no IES Prieto Nespereira, o xulgado toma declaracións a novos investigados

Nos próximos días terán que declarar en calidade de investigados sete técnicos

 

G24.gal 26/10/2023 13:52

Era un mércores, os alumnos duchábanse despois da clase de ximnasia. Nada podía presaxiar o que pasaría instantes despois.

O muro que separaba as duchas dos vestiarios derrubouse, unha estrutura de 1.400 quilos. Un rapaz de 14 anos morreu e outro queda ferido nunha perna.

Os alumnos quedaron en shock. Un ano despois desta traxedia, non esquecen. Un grupo de psicólogos axúdaos a superalo. 

Un ano despois quedan tamén moitas incógnitas por resolver.

Un xulgado da cidade investiga o caso, coa toma de declaracións a novos investigados. Nos próximos días declararán sete persoas, varias delas da empresa de calidade que supervisou as obras de construción do muro, despois de que o arquitecto que o deseñou dixera que non participou na súa execución.

O vestiario masculino do sexto instituto continúa precintado a día de hoxe. Tampouco se pode empregar o outro vestiario, o feminino, construído cun muro idéntico ao que colapsou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos