Os EUA: haberá pausas diarias de catro horas no norte de Gaza para permitir a saída dos civís
Os EUA: haberá pausas diarias de catro horas no norte de Gaza para permitir a saída dos civís
As pausas comezarían hoxe, e Israel asegurou que non se levarán a cabo operacións militares

A nova das paradas de catro horas para permitir a saída de civís da zona norte de Gaza chega da mán de Kirby nunha chamada con xornalistas. As pausas comezarían hoxe, e Israel asegurou que non se levarán a cabo operacións militares.
Ademais, o portavoz da Casa Blanca admite a súa preocupación por que o grupo islamista Hamas intente cortar o paso dos civís.
Con todo, fixo un chamamento para que os civís traten de saír das zonas activas e tamén considera moi importante que chegue axuda humanitaria.
Valorou positivamente que 106 camións de axuda xa entrasen no sur de Gaza e que as outras paradas do combate permitisen a saída de miles de persoas. Mais recalca que isto non é suficiente, pois deberían entrar 150 camións diarios como obxectivo mínimo.
Kirby fixo fincapé en que Israel loita contra as milicias de Hamas incrustándose na poboación civil a través de infraestruturas civís co obxectivo de protexerse. Isto deriva en que a "inocente poboación palestina" estea en maior risco, segundo el afirma.
Foi preguntado por se estas pausas formarían parte dun acordo máis amplo en termos de liberación de reféns, mais dixo que non ía "negociar" en público. Si que afirmou que os EUA continúan traballando para a liberación e que se está en continuo contacto con Israel.
"O pobo palestino ten dereito a determinar o seu futuro e como quere ser gobernado", Kirby.
Por outra parte, estase a celebrar a conferencia humanitaria sobre Gaza, en París, convocada polo Goberno francés. As numerosas oenegués participantes consideran as paradas unha resposta "tímida". Isto tendo en conta que non é suficiente para satisfacer as necesidades humanitarias que existen en Gaza. Recalcouse que cada habitante de Gaza ten pouco máis dun litro de auga dispoñible ao día.
Todas as organizacións se unen para reivindicar que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas faga unha resolución a favor da tregua. Polo tanto, piden que se aperte os Estados Unidos, que actualmente bloquean esta posibilidade. O presidente francés Macron súmase a pedir o alto ao fogo.