Os móbiles poden acumular ata seiscentos tipos de bacterias

Poden xerar doenzas como otite ou gastroenterite

G24.gal 21/11/2023 16:15

As pantallas dos teléfonos móbiles poden chegar a acumular ata seiscentos tipos de bacterias. Son miles de microorganismos que poden xerar gastroenterite ou mesmo otite. 

Entre as prevencións están limpar ben as mans, evitar ir ao baño con el, empregar protectores de pantalla antibacterianos e limpar a pantalla con alcol etílico. 

As bacterias dos móbiles son as mesmas que as dos panos e estropallos da cociña. Onde existe unha variación importante é nos hospitais. Aquí as bacterias son máis resistentes aos antibióticos e algunhas delas poden causar infeccións graves. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade