O Rácing busca prolongar a súa serie de tres vitorias seguidas

Os de Cristóbal Parralo visitan Anduva para enfrontarse ao Mirandés

O partido supón o reencontro entre Iker Losada e Sergio Barcia, ambos canteiráns celestes

G24.gal 11/11/2023 14:12 Última actualización 11/11/2023 14:38

Trece anos despois da súa última visita ligueira, o Rácing volve a Anduva para enfrontarse a un Mirándés que leva catro partidos sen perder nos que marcou oito goles. Pero mellor é aínda a xeira dos ferroláns que veñen de tres vitorias nos tres últimos encontros oficiais. De aí o intercambio de eloxios entre Lisci e Cristóbal que aventuran un partido aberto.

Quen tamén se van reencontrar son Losada e Barcia, compañeiros a temporada pasada no Celta B. Os dous, separados fisicamente por cinco centos oitenta quilómetros, estarán moi preto no campo o un do outro, nun duelo que se anuncia goleador.

O central é un dos principais realizadores do equipo burgalés con dous tantos, mentres que o enganche ferrolán sumou o cuarto ante o Andorra.

O racinguismo soña con prolongar en Anduva a súa particular marcha verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos