O noiés Tariku Novales esnaquiza o récord de España: "Podo rebaixar esta marca"

Rebaixou a marca de Lamdassem en máis de 30 segundos, con 2:05:48 e consegue a mínima olímpica

G24.gal 03/12/2023 11:46 Última actualización 04/12/2023 16:35

O atleta de noia Tariku Novales estableceu un novo récord de España no Maratón de Valencia ao parar o cronómetro nunha marca de 2:05:48, máis de medio minuto por debaixo do rexistro que lograra Ayam Lamdassem en 2022 de 2:06:25. 

Novales, que estivo adestrándose en Etiopía nas últimas datas, xa falara da posibilidade de baixar das dúas horas e seis minutos hai uns días e ao final conseguiuno. De feito, ao rematar a proba dixo:

"Estou moi ledo por ese rexistro pero penso que podo melloralo porque as lebres nos fallaron e tivemos que traballar moito". 

"Podo rebaixar esta marca, moi contento co récord de España, sabía que o podía conseguir"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade