O Frigoríficos, a gañar a domicilio case un ano despois

Os de Moyano non gañan lonxe do Gatañal desde o 15 de novembro

Foto Cangas Foto Cangas
G24.gal 07/11/2023 15:35 Última actualización 07/11/2023 15:41

O Frigoríficos do Morrazo retoma este mércores a liga Asobal cunha esixente visita á pista do Rebi Cuenca, onde buscará reencontrarse coa vitoria a domicilio case un ano despois de gañar na pista do Blendio Sinfín.

O equipo galego, que esta noite durmirá en postos de descenso ao enfrontarse entre si os dous últimos clasificados, non gaña lonxe do Gatañal desde o 15 de novembro do pasado ano, cando superou por 28-33 ao conxunto cántabro.

Unha mala dinámica que o Frigoríficos confía en romper no pavillón do Sargal, onde lle espera un rival que colleu aire na táboa coas súas últimas dúas vitorias aínda que encara o choque pendente do estado físico dos seus catro xogadores -Pablo Simonet, Nacho e Fede Pizarro con Arxentina e Rudolph Hackbarth con Brasil- que disputaron a final dos Xogos Panamericanos o pasado sábado en Chile.

O técnico do Frigoríficos, Nacho Moyano, ten claro que as opcións do seu equipo pasarán por recuperar o nivel defensivo que ofreceu no arranque de Liga e que perdeu nos últimos dous partidos nos que caeu ante Sinfín e Ademar León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos