O Complexo Hospitalario de Ourense, referente en técnicas de implante de ombreiro

Especialistas de Barcelona, León, Asturias ou Donostia acoden ao CHUO para afondar nas últimas técnicas

A lonxevidade aumenta a incidencia de patoloxías dexenerativas desta articulación 

Artrose glenohumeral, fracturas complexas, artrite reumatoide e outras atropatías son as principais causas 

G24.gal 08/12/2023 10:30

O Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital Universitario de Ourense é referente docente para especialistas do norte de España para afondar nas diferentes técnicas de implante de ombreiro.

A lonxevidade da poboación de Ourense aumenta a incidencia de patoloxías dexenerativas desta articulación o que converte ao Hospital Universitario nun Living Lab de coñecemento e experiencia clínica, na aplicación das técnicas de recambio articular existentes na actualidade, que se levan aplicando desde 2007 cunha media de 60 intervencións ao ano e un investimento de 317.340 euros en 2022.

O implante de ombreiro, non está tan estendido como os de cadeira e xeonllo; sendo na actualidade unha opción terapéutica consolidada na práctica clínica. A artrose é a principal causa de indicación dun implante de ombro.

Nesta xornada houbo formación guiada polo doutor Juan Blanco, e versou sobre “planificación” na que o cirurxián realizou a intervención dun xeito “virtual” previa a operación, decidindo así cal é a técnica e abordaxe que mellor se adapta a cada paciente.

Isto é posible mediante a exportación da imaxe adquirida mediante un TAC a unha aplicación, na que os especialistas estudan e practican a intervención, planificando esta en detalle.

O doutor Blanco destaca que cando se comezaron a implantar "as súas principais indicacións eran fracturas complexas que non se solucionaban doutro xeito" como da extremidade proximal do úmero, "pero a alta incidencia da artrose fai que esteamos implantando un gran número de próteses invertidas tamén en fracturas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos