Morre Jerónimo Saavedra, primeiro presidente das Canarias e exministro de Educación

O histórico dirixente socialista faleceu este martes aos 87 anos

Jerómino Saavedra nunha foto de arquivo (EFE/ Ramón De La Rocha) Jerómino Saavedra nunha foto de arquivo (EFE/ Ramón De La Rocha)
G24.gal 21/11/2023 12:44

O histórico dirixente socialista Jerónimo Saavedra, primeiro presidente das Canarias (1983-1987 e 1991-1993) e exministro de Educación e Ciencia e de Administracións Públicas, faleceu este martes aos 87 anos.

Saavedra (3 de xullo de 1936), foi ademais alcalde das Palmas de Gran Canaria e Deputado do Común (Defensor do Pobo autonómico).

Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e reputado melómano, foi ademais creador e impulsor do Festival Internacional de Música das Canarias e creou os Premios Canarias de Arte, Patrimonio Histórico e Ciencias.

A morte de Saavedra coñeceuse durante a celebración do pleno do Parlamento de Canarias, cuxa presidenta, Astrid Pérez (PP), dedicou palabras de eloxio, así como todos os portavoces dos grupos e o presidente de Canarias, Fernando Clavijo (CC), antes de gardar un minuto de silencio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade