Cargando resultados...
Iago Aspas non será sancionado por tirar o monitor do VAR
Non consta na acta do árbitro e tampouco no informe de partido do responsable do CTA
O Comité de Competición non actuará de oficio
G24.gal
07/11/2023 11:35
Última actualización 07/11/2023 11:42
Segundo puido saber a Televisión de Galicia, o director de partido da Liga de Fútbol Profesional non reflectiu no seu informe que Iago Aspas tirara o monitor do VAR tras o penalti a Duvikas no Celta Sevilla.
No CTA cren que será difícil que o sancionen porque non consta en acta nin tampouco no informe do responsable do CTA de partido. Entenden que o Comité de Competición non actuará de oficio.
Consecuentemente Aspas estará en disposición de xogar en San Mamés ante o Athlétic.