Dous detidos no atraco dun banco en Vigo

Os ladróns entraron coa cara tapada e retiveron tres persoas que non sufriron danos

A policía puido recuperar o botín

Exteriores da oficina Abanca onde se rexistrou o atraco
G24.gal 03/11/2023 16:28 Última actualización 03/11/2023 20:14

Dous homes foron detidos este venres no atraco a un banco en Vigo. Os ladróns presentáronse coa cara tapada con medias e lentes na oficina de Abanca situada na rúa Ricardo Mella da cidade.

No momento do asalto había tres persoas no interior da sucursal que, afortunadamente, non sufriron danos. A Polícía Nacional puido deter os ladróns cando marchaban co botín e recuperar o diñeiro.

Ademais, a un dos detidos os axentes intervíronlle un arma de fogo e a outro, un coitelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade