En España hai case 3.000 librarías independentes, e seguen aumentando
En España hai case 3.000 librarías independentes, e seguen aumentando
España achégase ós 3.000 establecementos independentes, unha progresión favorable
O sector tenta diferenciarse ampliando a súa gama de produtos e ofrecendo servizo de proximidade
Este sábado 11 de novembro celébrase o Día das Librarías. Segundo os último censo, elaborado polo CEGAL, España achégase ós 3.000 establecementos independentes o que ratifica unha progresión favorable.
Hai librarías agochadas dentro de museos, coma esta de Vigo, ubicada no MARCO. Iria Costas é a súa propietaria.
"Estamos especializados en temática artística, arte, arquitectura, deseño, fotografía. E logo temos un espazo para os máis pequenos centrado tamén en temas artísticos".
E hai librarías con moitos anos de historia. Onde sabes cando entras pero nunca cando saes.
"Abrimos o 24 de xullo de 1985, que creo que foi a data en que se inaugurou a Televisión de Galicia".
Son as declaracións de Gonzalo Pérez, o libreiro da libraría Cartabón, en Vigo. Os comezos non foron doados. Pero aquí seguen, guiando os seus clientes sexan da idade que sexan.
"Tiñamos que sacar dúas nenas adiante e eramos a miña dona e mais eu, os dous autónomos, e a libraría tivo que dar para todo iso. Agora podemos dicir que estamos gozando totalmente da libraría porque estamos facendo o que nos gusta".
Aseguran que hai vida para as librarías, e así o revela o último estudo do censo feito polo CEGAL, con case 3000 establecementos independentes en España e cunha facturación anual arredor do 30 %.
Hai retos por conseguir: lograr a remuda xeracional, obter máis apoios fronte a ameaza das grandes cadeas. Os libros farán o resto tan pronto abramos esa primeira páxina.