De Marcos: "Non creo que teñamos que pagar os pratos rotos do Celta"

G24.gal 08/11/2023 13:07 Última actualización 08/11/2023 13:11

O Athletic recibe o Celta este venres. Un partido que preocupa á afección branca e vermella polas últimas decisións arbitrais que se deron en contra dos galegos. Óscar de Marcos saíu a poñer algo de sentido común ante esa sospeita dunha posible compensación a favor do rival.

"Non o creo. Confío na boa fe dos árbitros, que eles van ir pitar o que ven. Non creo que nós teñamos que pagar os pratos rotos do Celta ou doutro equipo. Nós tamén tivemos accións polémicas ao longo da tempada. Son cousas que pasan e cada partido é totalmente diferente", afirma.

A nivel clasificatorio, trátase dunha oportunidade de seguir asentados na parte alta da táboa. Aínda que os puntos sexan os mesmos (21 na xornada 12), De Marcos cre que están mellor que hai 12 meses.

"Creo que as sensacións son mellores esta tempada. Os puntos son os mesmos, pero os partidos que perdemos son contra rivais importantes e en campos difíciles. Noutros campos tamén complicados sacamos puntos que o ano pasado non o conseguimos facer. Creo que o equipo está mellor contra equipos máis complicados a estas alturas", explica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar