Besteiro: "O perdedor das eleccións en España pretende ser agora gañador en Galicia"

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta acusa a Feijóo de "confundir as súas ambicións persoais" co que vota a cidadanía

G24.gal 26/11/2023 21:53 Última actualización 26/11/2023 23:18

O candidato socialista á presidencia da Xunta Xosé Ramón Gómez Besteiro dixo que nas vindeiras eleccións autonómicas Galicia pasará páxina do PP e o PSdeG gañará e gobernará. 

Reprochoulle ao líder do PP Alberto Núñez Feijóo que volva "confundir as súas ambicións persoais co que decide e vota a cidadanía", e respecto ao seu desexo de que os populares volvan gañar as eleccións galegas díxolle que "vai ser que non".

"O perdedor das eleccións en España pretende ser agora gañador das eleccións en Galicia. Non se acordou do noso país cando marchou para Madrid", asegurou.

En declaracións feitas no acto político do PSOE celebrado en Madrid, remitidas polo partido, Besteiro criticou que tanto Feijóo coma Rueda só poñen "a camiseta de galegos por conveniencia", mentres votan en contra do uso da lingua galega no Congreso, por exemplo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade