Alicia García, nova portavoz do PP no Senado, e Bendodo pasa a número 4 da formación

Elías Bendodo, ata o de agora coordinador xeral do PP, pasa a ser vicesecretario de Política Autonómica e Municipal e, polo tanto, de número tres a número catro da formación

G24.gal 28/11/2023 08:38

A senadora Alicia García, exconselleira de Castela e León, será a nova portavoz do PP no Senado, mentres que Elías Bendodo, ata o de agora coordinador xeral do PP, é vicesecretario de Política Autonómica e Municipal e, por tanto, de número tres pasa a número catro da formación.

Fontes do Partido Popular informaron este martes de que Alicia García é a elixida por Alberto Núñez Feijóo para ser a portavoz na Cámara Alta, onde os populares teñen maioría absoluta, que pretenden usar como ariete na súa oposición ao Goberno de Pedro Sánchez.

Ademais, as mesmas fontes trasladaron que se elimina a figura do coordinador xeral, que Feijóo non ve necesario dado que esta lexislatura si lidera a oposición cun escano no Congreso e Cuca Gamarra centrarase a tempo completo na súa tarefa como secretaria xeral, posto que Miguel Tellado a substituirás como portavoz na Cámara Baixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade