Cargando resultados...
Aser Álvarez: "Ramón Chao era un home cunha actitude moi punk"
Aser Álvarez: "Ramón Chao era un home cunha actitude moi punk"
O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano percorre a ruta que fixera Chao para escribir Prisciliano de Compostela
No documental, de Arraianos Producións, participan cos seu testemuño os fillos de Ramón Chao, amigos e compañeiros
Aser Álvarez, director do documental 'O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano'
G24.gal
27/10/2023 14:25
Última actualización 30/10/2023 14:13
'O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano' é un documental, unha homenaxe tamén ao escritor e periodista que dalgún xeito fixo transmisor da pegada de Prisciliano. Mesmo escribiu unha novela sobre o herexe e fixo unha viaxe en moto seguindo os seus pasos. Agora Aser Álvarez fai o mesmo percorrido, pero moi ben acompañado.