Publicador de contidos

Publicador de contidos

Laboral


Milleiros de funcionarios de xustiza maniféstanse en Madrid para esixir melloras laborais

19/04/2023 15:12

O Ministerio de Xustiza convocou para este xoves o comité de folga para negociar as reivindicacións


Os gandeiros de carne denuncian que a industria os obriga a vender por debaixo dos custos

19/04/2023 09:33

A Asociación Gandeiros Galegos de Suprema denuncia a indefensión que sofren fronte ás industrias que, segundo os produtores, os obrigan a vender os animais por debaixo dos custos de produción, unha práctica prohibida pola Lei da cadea alimentaria

Nunha entrevista na Radio Galega, Santiago Rego pídelles ás administracións que habiliten ferramentas para que se cumpra a lei e que se inclúa a carne como alimento de primeira necesidade


O Goberno vai crear permisos para acompañar persoas en risco de suicidio

18/04/2023 10:08

A licenza será de, como máximo, 15 días e non suporá que o acompañante teña unha diminución do salario

A medida parte dunha proposición do grupo e Más País no Congreso e que o partido de Errejón pactou co Ministerio de Inclusión

Sanidade crea a liña 024 de atención á conduta suicida


Manifestación na Coruña de funcionarios de Xustiza. EFE

Un 30 por cento dos funcionarios da xustiza secundaron a folga

17/04/2023 17:00

A xunta rebaixa a cifra a unha porcentaxe practicamente testemuñal

Etiquetas:  XUSTIZA   FOLGA

A folga de médicos implicou a suspensión de 1.021 cirurxías

17/04/2023 11:59

Tamén tiveron que suspenderse 19.132 consultas externas e 1.714 probas

O seguimento da folga de médicos chega a case o 13 %, segundo o Sergas

O mércores hai unha reunión entre o Sergas e os sindicatos para negociar a desconvocatoria da mobilizacións

Categorías:  Galicia   Laboral
Etiquetas:  FOLGA   MÉDICOS

A folga do funcionariado volve poñer en xaque a actividade xudicial este luns

16/04/2023 20:08

Os sindicatos convocaron paros parciais de xeito indefinido e un paro total para o mércores

Piden unha suba salarial en liña coa pactada cos letrados, que recibirán entre 430 e 450 euros brutos máis ao mes

Xuíces e fiscais non descartan a folga e os avogados de oficio anunciaron o inicio de mobilizacións

 


O Consello Constitucional francés valida o atraso da xubilación ata os 64 anos

14/04/2023 19:06

O organismo rexeitou a solicitude de que a reforma das pensións sexa sometida a un referendo

A oposición anuncia que seguirán as protestas e chamou a Macron a retirar a reforma


Ata 200.000 euros de axuda para empresas que proben a xornada laboral de catro días

13/04/2023 14:32

O Goberno publica as axudas para as pequenas e medianas empresas que se acollan á redución da xornada laboral

Os empresarios cren que non todos os negocios se poden adaptar a esta xornada


Os atrasos nos pagamentos darán dereito ao traballador a extinguir o contrato con indemnización

12/04/2023 17:46

O Supremo establece que o atraso no pago do salario ten a gravidade suficiente como para indemnizar os empregados que se vaian como se fose un despedimento improcedente

Publicidade
Publicidade