Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta derrota o Sevilla (1-0) e volverá xogar a Europa League

O Celta derrota o Sevilla (1-0) e volverá xogar a Europa League

Un gol de Moriba na segunda metade confirma a clasificación, por segundo ano consecutivo, para o segundo torneo continental

G24.gal 23/05/2026 20:51

Minuto a minuto

Ás 21:00h comeza o Celta-Sevilla. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez

E este é o XI inicial do Sevilla

6'

Ocasión para o Celta. Centra Javi Rueda, o balón queda solto, e Williot remata alto

12'

Volve avisar o Celta, cun envío desde a dereita que non atopa rematador

14'

Remate de Peque desde a frontal, que marcha preto do pau de Radu

42'

Agora proba fortuna Isaac nunha acción similar, e o balón marcha tamén preto da porta de Radu

44'

Aparece Radu para salvar ao seu equipo!! Gran parada do porteiro!

45+2'

Descanso en Balaídos. Celta 0-0 Sevilla

46'

Comeza a segunda metade en Balaídos. Celta 0-0 Sevilla

52'

GOOOOOOOOL do CELTAAAAAA!!!!! Adianta Ilaix ao equipo vigués, que asegura a súa presenza na Europa League a temporada que ven. Celta 1-0 Sevilla!!

68'

Xogada de Hugo ÁLvarez pola esquerda, e o remate de Carreira vai ás mans de Nyland

76'

Xogada de Jutglá pola dereita, e o centro do catalán remátao de xeito acrobático Hugo Álvarez, por riba do traveseiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar