Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay defende a xestión de Benassi: "É a persoa perfecta para levarnos a Primeira"

Yeremay defende a xestión de Benassi: "É a persoa perfecta para levarnos a Primeira"

O canario non entendeu os apupos da bancada ao director xeral do Deportivo

G24.gal 18/05/2025 19:32

Un dos momentos do partido entre o Deportivo e o Granada foi cando os seareiros locais comezaron a berrar aquilo de "Benassi, vaite xa". O director xeral do club espertou as críticas desde a bancada a pouco de rematar o campionato do regreso do Deportivo ao fútbol profesional. 

Unha vez rematou o partido compareceu o canario Yeremay Hernández, logo de marcar o seu gol número quince da temporada. Yeremay defendeu a xestión de Massimo Benassi, ao que considera "a persoa perfecta para levar o club a Primeira División". 

Foi contundente a estrela deste Deportivo. "Non o entendo. Vimos de catro anos na merda, chega Benassi e subimos. E este ano conseguimos o obxectivo de manternos", asegurou Yeremay. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade