Yeremay comeza a destapar o tarro das esencias
Empate (2-2) diante do Middlesbrough cun golazo do canario
O belga Noubi estreouse como goleador
Partido de continuas alternativas tanto no xogo coma no marcador o que disputaron en Riverside o Middlesborough e o Deportivo. No que se adiantaron os ingleses os catro minutos nunha perda de Dani Barcia en zona de perigo que aproveita Whitaker para asistir a Conway no un a cero. Pero a resposta dos coruñeses foi tan inmediata como espectacular. No 10, Yeremay recibe no vértice da área, perfílase e traza unha parábola propia dos mellores xeómetras. A nota negativa do encontro foi a lesión de Arnau Comas no minuto 21 que tivo que abandonar o terreo de xogo.
Á volta do descanso, os de Antonio Hidalgo tomaron vantaxe no marcador cun novo gol de córner. O terceiro desta etapa preparatoria. Esta vez o autor foi o central Noubi sumado o ataque. O belga estreábase como goleador deportivista cun espectacular remate acrobático. A partir deste momento, os británicos lanzáronse a ofensiva na busca do empate que lograron no minuto 67, logo dunha gran xogada do australiano Silvera que aproveita Conway para poñer o dous a dous definitivo. O choque pechouse coa estrea de Miguel Loureiro como xogador herculino.