Cargando resultados...
Vinícius rompe a chorar ao falar do racismo: "Cada vez teño menos ganas de xogar"
España e Brasil xogan mañá un amigable no Santiago Benabeu
G24.gal
25/03/2024 16:53
Última actualización 26/03/2024 14:31
O brasileiro Vinícius Junior rompeu a chorar na conferencia de prensa previa ao partido amigable do martes entre España e Brasil, ao ser preguntado polo racismo que sufriu nalgúns campos de España e que, dixo, faille ter "cada vez menos ganas de xogar".
"Entendo que se fale do que se fala, sobre o que fago nos partidos, porque teño moitas cousas que mellorar, pero levo estudando moito tempo o tema do racismo e cada vez teño menos ganas de xogar", dixo.
"Saco as forzas da miña familia e da xente que me di que siga loitando e defendendo aquilo no que creo. Quero seguir loitando por todas as persoas que o necesitan".