Cargando resultados...
Unha vitoria para dar un impulso definitivo na clasificación
O Celta xoga de primeiro entre os equipos que pelexan pola salvación e quere meter presión aos rivais cun triunfo diante das Palmas
G24.gal
19/04/2024 21:18
Un día despois de asinar a súa renovación, Claudio Giráldez pon os cinco sentidos nas Palmas. Cos postos de descenso a un chanzo. Os puntos, e especialmente os da casa, empezan a ser decisivos.
As Palmas como o Betis chega tras catro derrotas consecutivas e co mesmo gusto que o Celta pola posesión. Claudio recupera a Luca de la Torre pero aínda non a Renato Tapia, que segue con molestias no músculo. Atopou unha boa alternativa en Jaílson.
Tamén pide a implicación dos afeccionados nos catro partidos que quedan na casa. A afección confía en que a primeira vitoria en Balaídos de Giraldez non se faga agardar máis.