Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unai Núñez: "A reacción da afección é unha pasada"

Unai Núñez: "A reacción da afección é unha pasada"

Destacou a importancia de Aspas para o equipo

G24.gal 01/06/2023 14:05 Última actualización 01/06/2023 14:11

O central do Celta, Unai Núñez, pasou este xoves por sala de prensa dous días antes da partida fronte ao Barcelona en que os vigueses xogan a permanencia en Primeira. Comezou agradecendo o apoio do celtismo:

"A reacción da afección é unha pasada. Van dar máis forza para saír co 1.000 % para afrontar o partido e gañalo". 

Subliña que teñen que estar centrados e que perciben que a afección tamén o está:

"Sabemos a situación na que estamos. Estamos coa atención posta no partido, sabendo que temos que gañar, e imos ir con todo para darlle unha alegría á afección".

Tamén respondeu sobre que significa o moañés para o equipo:

"Todo o mundo sabe da calidade de Iago. Estivo con problemas físicos nos últimos partidos e cando xoga, claro que dá un cambio ao equipo á hora de xogar, a visualización que ten en moitos momentos do partido. Claro que nos axuda. Estamos todos para achegar, cada un coas súas virtude".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos