Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a quince os mortos no tiroteo nunha escola rusa

Ascenden a quince os mortos no tiroteo nunha escola rusa

As ultimas informacións falan de 24 feridos

Entre as vítimas hai 7 menores, segundo informa o Ministerio do Interior ruso

G24.gal 26/09/2022 10:51 Última actualización 26/09/2022 17:04

Aumenta o número de vítimas no tiroteo que se produciu esta mañá nunha escola dunha localidade ao pé dos Urais. As autoridades falan agora de quince persoas mortas e outras 24 feridas. O suceso produciuse na cidadede Izhevsk, segundo informou hoxe a oficina do Ministerio do Interior na rexión.

Os feridos aumentaron a 24. A nota de prensa do Ministerio do interior engade que 22 dos feridos son menores e 2 son adultos. Pero os datos pode que aínda non sexan definitivos.

O xefe da capital da república rusa de Udmurtia, Alexandr Brechalov, escribiu previamente en Telegram que ocorrera "unha traxedia en Izhevsk, na escola número 88". "Unha persoa non identificada entrou na escola e matou un garda. Hai vítimas entre nenos e feridos", dixo.

Brechalov, quen acudiu inmediatamente ao lugar do suceso, afirmou que o tirador se suicidou. Confirmouno tamén o Ministerio do Interior da república rusa, quen informou do achado do corpo do atacante.

Na escola 88 de Izhevsk, situada a poucos metros da administración da cidade, estudan preto dun milleiro de alumnos, segundo medios rusos.

Posteriormente, sóubose que no ataque faleceran dous gardas do colexio e polo menos dous profesores.

O atacante, segundo as autoridades, estaba armado con dúas pistolas reconvertidas para disparar con munición letal.

Nos cargadores da pistola, cuxas imaxes foron difundidas nos medios, pódese ler a palabra "odio", escrita con tinta vermella.

Udmurtia declarou loito polas vítimas do ataque á escola que se prolongará ata o 29 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade