Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller de 89 anos morre nunha colisión entre dous coches e un autobús en Ribadumia

Unha muller de 89 anos morre nunha colisión entre dous coches e un autobús en Ribadumia

A falecida viaxaba como copiloto dun dos turismos implicados no sinistro, que deixa dous feridos

No autobús viaxaba un grupo de preto de 50 excursionistas; nin eles nin o condutor sufriron feridas de consideración

G24.gal 16/03/2025 16:35

Unha muller de 89 anos perdeu a vida nun accidente de circulación que tivo lugar no quilómetro 2 da vía rápida VG-4.2, en Ribadumia. Viaxaba de copiloto nun turismo, cuxo condutor, de 52 anos e fillo da falecida, tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencias con feridas de prognóstico grave. 

Segundo as primeiras investigacións, o vehículo no que viaxaban en dirección Cambados invadiu o carril polo que circulaba un autobús de excursionistas da terceira idade de Salamanca. O condutor deste tratou de esquivalo pero o coche impactou primeiro contra el á altura dun viaduto do río Umia, e despois contra o valado da ponte.

No sinistro quedou tamén ferido de carácter leve o ocupante do outro turismo implicado. Segundo informa o 112, non hai ningún ferido no autobús. 

Foi preciso trasladar ata doce persoas a diferentes hospitais e centros de saúde: as tres do segundo coche, ao ser feridos de carácter leve, e varias persoas do autobús que sufriron ataques de ansiedade.

Un dos feridos foi trasladado ao hospital Montecelo, tres ao Miguel Domínguez e catro ao do Salnés, ao que chegaron posteriormente outras dúas persoas que inicialmente foran evacuadas ao momento de Atención Continuada de Cambados. No PAC tamén foron atendidas dúas persoas máis. Ademais do helicóptero con base en Santiago, o 061 enviou catro ambulancias, unha delas de soporte vital avanzado. 

 

Helicóptero do 061, no lugar do suceso Helicóptero do 061, no lugar do suceso

A capacidade de reacción do condutor do autobús evitou que houbese máis coches implicados, xa que no momento do sinistro outros vehículos circulaban de fronte. Tamén conseguiu evitar o golpe outro coche que circulaba detrás do autobús e que viu como o Mercedes das vítimas despois de bater contra o autobús impactaba finalmente contra o muro do viaduto.  

O sinistro tivo lugar xusto no límite entre os concellos de Cambados e Ribadumia, e que provocou problemas de circulación. De feito foi necesario cortar o tráfico durante varias horas nun treito desta vía rápida do Salnés. No dispositivo participaron efectivos dos bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias de Galicia, que desprazou un helicóptero.

O sinistro tivo lugar no límite de Cambados e Ribadumia O sinistro tivo lugar no límite de Cambados e Ribadumia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade