Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e varios feridos por un posible axuste de contas por drogas na Guarda

Un morto e varios feridos por un posible axuste de contas por drogas na Guarda

A pelexa ocorreu a fin de semana, pero a vítima faleceu nas últimas horas

G24.gal 22/09/2022 19:22 Última actualización 23/09/2022 13:53

A Garda Civil investiga a morte dun home que recibiu unha malleira a pasada fin de semana na Guarda.

O agredido acabou falecendo días despois como consecuencia das lesións.  

Os feitos ocorreron na noite do pasado domingo nun domicilio desta localidade, onde se produciu unha liorta.

No transcurso da pelexa, catro persoas foron feridas. Dúas delas tiveron que ser evacuadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.  

A Garda Civil ten abertas varias hipóteses. Entre elas, que a pelexa se producise por un "axuste de contas" relacionado co tráfico de drogas.

Este sábado ao mediodía será soterrado no camposanto municipal da Guarda Luís Alberto, a vítima mortal da malleira na súa vivenda do barrio de San Caetano na Guarda.

O lugar en que ocorreron os feitos é un punto negro de venda de droga con moita afluencia de xente, mesmo menores e constantes altercados. A veciñanza tamén apunta que os agresores dos catro homes poderían ter nacionalidade portuguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade