Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio nunha casa da zona vella da Guarda fai saltar as alarmas

Un incendio nunha casa da zona vella da Guarda fai saltar as alarmas

A vivenda está abandonada, pero as lapas poderían estenderse dende ela a outras casas

G24.gal 22/03/2024 17:25 Última actualización 22/03/2024 19:41

Un incendio declarouse na tarde deste venres nunha casa abandonada na zona vella da Guarda. O inmoble está no número 7 da rúa do Muro. 

Por sorte, a casa está abandonada e non había persoas no seu interior.

Pero o interior do edificio é de madeira e o lume adquiriu gran virulencia.

Por iso se temía que puidera estenderse a outras vivendas da zona.

Para evitar danos persoais, recomendouse a veciños dun edificio anexo non entrar á súa vivenda.

O lume provocou unha gran columna de fume visible en todo o municipio. 

Na extinción traballaron os bombeiros de Vigo e do Porriño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar