Cargando resultados...
Un home salva a muller e os fillos do incendio da súa vivenda en Ribeira
O home evacuounos por unha escaleira logo de que prendera lume na cociña
G24.gal
17/08/2022 15:55
Un incendio en Ribeira puxo en perigo unha familia. Foi o pai quen logrou poñer a salvo a muller e os fillos.
Unha actuación heroica a deste home que logrou sacar a muller e os dous fillos pequenos pola parte superior da vivenda situada na parroquia de Carreira. Tivo o sangue frío para coller unha escaleira e evacualos a todos entre o fume e o lume que se orixinou na cociña.
Todo ocorreu preto da medianoite e os bombeiros de Ribeira e Boiro foron os encargados de sufocar este lume que colleu forza moi rapidamente. A familia atópase ben despois de ser trasladados por precaución ao centro de saúde da vila.