Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol no tempo engadido achega o Compostela ao 'play off'

Un gol no tempo engadido achega o Compostela ao 'play off'

Jaime Santos conseguiu abrir a defensa do Laredo no minuto 91

A vitoria deixa cuarta a S. D. Compostela

G24.gal 30/04/2023 14:23

O Compostela achegouse ao seu obxectivo de disputar o play off de ascenso á 1ª RFEF. E fíxoo cun traballado triunfo sobre o Laredo, que non chegou ata o tempo engadido grazas a un valiosísimo gol de Jaime Santos.

Non foi un triunfo sinxelo. O Laredo, que chegaba ao Vero Boquete con posibilidades de perder a categoría de xeito matemático, buscou tamén o triunfo e dispuxo das súas ocasións.

As máis claras, en calquera caso, foron para o Compostela. Un pase da morte que lle pasou entre as pernas a Pablo Antas na primeira metade, unha boa xogada de Elliot antes do descanso, e un remate de Samu que se estrelou na escuadra na continuación, foron as máis importantes.

E, cando xa parecía que non se ía mover o 0-0 inicial, chegou a xogada da vitoria. Unha xogada que pode valer unha fase de ascenso. O remate correu a cargo de Jaime Santos, que leva tres xornadas consecutivas marcando, e estableceu un 1-0 definitivo que condena ao Laredo ao descenso á terceira RFEF, e dálle un colchón de cinco puntos ao Compostela a falta dos partidos dos rivais directos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade