Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol de Yelko no engadido lanza o Coruxo cara á permanencia

Un gol de Yelko no engadido lanza o Coruxo cara á permanencia

O Oviedo Vetusta puxo unha férrea resistencia, que non saltou ata o minuto 92'

O Coruxo colle unha renda de tres puntos sobre o descenso

G24.gal 30/04/2023 21:24

O Coruxo colleu aire na loita pola salvación cun agónico triunfo sobre o Oviedo Vetusta. Unha vitoria que non se xestou ata o minuto noventa e dous. Foi entón, cando o empate inicial xa parecía inamovible, cando Yelko aproveitou unha acción iniciada nun saque de banda pola dereita para rematar ao fondo da rede e desatar a tolemia no Vao.

Non era para menos. O Coruxo suma agora 44 puntos, tres máis dos que teñen os seus rivais implicados na loita pola salvación. Quedan so dúas xornadas, e o equipo de Maté e Otero depende de si mesmo para seguir outro ano na Segunda Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade