Publicador de contidos

Publicador de contidos

Troitiño espera que no próximo ano poidan competir máis WRC no Campionato Galego

Troitiño espera que no próximo ano poidan competir máis WRC no Campionato Galego

O presidente da Federación Española de Automobilismo falou da marcha do Rally da Coruña: "É un rally con tradición, pero Muñiz ten outro proxecto"

G24.gal 16/12/2025 13:06 Última actualización 16/12/2025 13:15

Temos xa o calendario de rallys en Galicia. Todo arranca en marzo, co Rally do Cocido; despois, Noia, a Mariña Lucense, Pontevedra, Sur do Condado,Ferrol, Comarca do Carballiño, San Froilán e Ribeira Sacra, que se recupera.

Un rally por mes para un total de nove rallys. Falta o Rally da Coruña. Disto falamos con Antonio Troitiño, presidente da Federación Galega.

"É un rally con tradición, pero Muñiz ten outro proxecto".

Espera que no próximo ano poidan competir máis WRC, non só os de Víctor Senra.

"Confío en que, ao ter un prezo contido, virán máis".

Tamén é optimista sobre o circuíto galego de velocidade:

"O ano que vén pode haber un concello, e despois precisariamos catro anos máis".

Confía tamén en presentarse ás eleccións de 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos