Tito Ramallo: "A Raúl Carnero faltáballe contundencia no Fabril, agora é totalmente diferente"
Co anuncio esta mañá da cesión ao Deportivo de Raúl Carnero, en Zona mixta contaron con Tito Ramallo, o adestrador do Fabril do que marchaba o canteirán hai dez anos e analizou o xogador, a súa evolución e o cadro de xogadores do Deportivo
Un xogador experimentado e deportivamente en gran momento
"Raúl marchou como un xogador ao que lle faltaba contundencia atrás. Agora gañou moito nese aspecto e noutros, defensiva e ofensivamente"
"Eu véxoo compatible con Héctor incluso no mesmo once, pero a Liga é moi longa e o Depor non pode estar máis tempo fóra do fútbol profesional. Para iso necesita dous xogadores de garantía por posto"
O pau do non ascenso no play-off
"Hai que ser xustos, paréceme ben a aposta por un adestrador a longo tempo, pero tamén digo que eu entendería o cambio de adestrador na mala xeira da segunda volta"