Cargando resultados...
Swedberg prefire xogar como centrocampista ofensivo
"Só teño 18 anos e non hai présa, non sinto a presión", asegurou o sueco
G24.gal
06/07/2022 15:02
E escoitamos a Swedberg. Se cadra, o substituto de Denis Suárez no once titular do Celta. O sueco viviu en Valencia e non terá problemas de adaptación. Falou cun perfecto castelán na súa primeira conferencia de prensa.
É a promesa do fútbol do seu país e afronta sen presión esta etapa como celeste. Swedberg ten dezaoito anos, é un xogador de talento, de clase. Leva tres días traballando ás ordes de Eduardo Coudet e está chamado a ser un xogador importante. A pregunta que todos se fan é: Onde lle gustaría xogar? O sueco considera que é un centrocampista total que pode adaptarse á banda ou á media punta.