Publicador de contidos

Publicador de contidos

Swedberg aprecia un Celta máis intenso no ataque desde a chegada de Claudio

Swedberg aprecia un Celta máis intenso no ataque desde a chegada de Claudio

O dianteiro gozou o sábado da súa primeira titularidade

G24.gal 24/04/2024 15:48 Última actualización 24/04/2024 15:54

Williot Swedberg presenta unha porcentaxe realizadora espectacular. Marcou 4 goles nos apenas 190 minutos que disputou na competición, esta tempada.

Ademais, o sábado gozou da súa primeira titularidade, nas súas case dous anos en Vigo, e tamén viu porta. O novo futbolista sueco celébrao.

"Obviamente estou moi feliz. Traballei moi duro para isto. A titularidade, en Liga, tardou ano e medio pero no campo temos unha táctica moi clara, sabemos o que temos que facer e iso axuda".

Referiuse aos cambios coa chegada de Claudio Giráldez.

"Un pouco máis de intensidade, imos máis arriba e iso nótase. Estamos a adestrar moi ben e todos os xogadores senten parte do equipo. Creo que o estamos facendo bastante ben e poderemos salvarnos".

Swedberg amosouse tamén moi agradecido afección céltica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar