Cargando resultados...
SOS Sanidade Pública mobilízase este mércores contra a política sanitaria da Xunta
A plataforma convoca manifestacións nas principais vilas e cidades para "salvar e fortalecer" a Atención Primaria

G24.gal
30/11/2022 13:08
A plataforma SOS Sanidade Pública maniféstase este mércores en varios puntos de Galicia para denunciar a saturación da Atención Primaria e pedir melloras.
Xa houbo accións de protesta dende primeira hora da mañá. Pola tarde hai convocadas manifestacións e concentracións en vilas e cidades de todo o país.
A plataforma, que agrupa múltiples colectivos, tamén recollerá firmas para manifestar o rexeitamento á política sanitaria da Xunta e presentar unha iniciativa lexislativa popular pedindo melloras na sanidade pública galega.