Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soriano: "A predisposición que puxo Luis foi moi alta"

Soriano: "A predisposición que puxo Luis foi moi alta"

Luis Eduardo Quintero chega ao Deportivo cedido polo Villarreal

G24.gal 01/02/2024 11:35 Última actualización 01/02/2024 11:44

Luis Eduardo Quintero chega ao Deportivo cedido polo Villarreal C. F. para o que resta de campaña con opción de compra.

Logo de pasar polas canteiras do Elche C. F., Kelme C. F. e C. D. Roda, este atacante que pode actuar de mediapunta ou en banda, ficha polo equipo xuvenil do Villarreal C. F. para dar o salto este verán en calidade de cedido ao S. D. Amorebieta de Segunda División.

No que vai de campaña participou co conxunto vasco en 18 partidos de liga con 1 asistencia; e 2 partidos de Copa do Rei, ante o Levante U. D. e o R. C. Celta.

Soriano, director deportivo: "A predisposición que puxo Luis foi moi alta".

Orixinario de Colombia, foi internacional polo seu país en categoría sub-16 e sub-20. Quintero ten familia na Coruña desde hai anos e é fervente seguidor branquiazul desde a súa infancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos