Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide a Sánchez que non se esconda: "Amnistía, si ou non? Referendo, si ou non?"

Feijóo pide a Sánchez que non se esconda: "Amnistía, si ou non? Referendo, si ou non?"

ERC leva ao debate a esixencia de fixar as condicións dun referendo

Núñez Feijóo na tribuna do Congreso este vernes durante o debate de investidura (EFE/Juan Carlos Hidalgo) Núñez Feijóo na tribuna do Congreso este vernes durante o debate de investidura (EFE/Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 29/09/2023 09:29 Última actualización 29/09/2023 14:42

O líder do Partido Popuar, Alberto Núñez Feijóo, afronta este venres no Congreso a segunda votación da súa investidura, en que se prevé que se repita o mesmo resultado que na primeira, con 178 non fronte a 172 si. Será así, salvo sorpresa, a cuarta investidura fracasada da democracia.

Nos dez minutos de intervención do candidato previa á votación Núñez Feijóo avisou que agora só quedan dúas "saídas" que non son "honrosas": "o Goberno da mentira" ou "unha repetición electoral", e instou o xefe do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, a que non se esconda e diga claramente na tribuna do Congreso se vai admitir a amnistía e o referendo de autodeterminación que esixen os partidos independentistas. "Amnistía, si ou non? Referendo, si ou non?", díxolle.

"Agora toca coñecer se vostede quere ser presidente á conta da dignidade e da igualdade dos españois", engadiu antes de insistir en que o explique coa "valentía" que lamenta que non tivese esta semana. 

Tras un longo aplauso por parte da bancada do PP, Feijóo finalizou o seu discurso recoñecendo que non é o seu momento, pois hoxe non ten respaldo para ser elixido presidente, pero que poderá selo nun futuro. 

"Hoxe non poderei con toda probabilidade darlles un Goberno pero se creo que demos unha seguridade e unha esperanza, a seguridade de que hai unha forza política, a máis numerosa que defende os valores que a maioría dos españois comparten", dixo tras incidir en que "desde a oposición máis pronto que tarde, desde un Goberno, este se, cun presidente, este si, ao servizo dos españois".

O PSOE acusa a Feijóo de usar as institucións para "coroarse como líder" do PP

O deputado socialista Óscar Puente acusou este venres no Congreso ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, de "usar" ao rei, ao Parlamento e ao Goberno para ir a unha investidura co obxectivo de "coroarse como líder da oposición" e para "reforzarse ante os seus".

No debate Puente criticou ao líder do PP polo seu "nulo" respecto ás institucións, ao tratar de ser presidente do Goberno a pesar de non ter os apoios suficientes.

Abascal acusa a Sánchez de "corrupto"

O presidente de Vox, Santiago Abascal, tachou este venres a Pedro Sánchez como "o epítome da corrupción" e "o presidente máis corrupto da historia de España", á vez que retou ao PSOE para facilitar a investidura de Alberto Núñez Feijóo para apartar á súa formación se "de verdade" cre que son "un perigo".

Durante a súa intervención arremeteu contra o xefe do Executivo en funcións por valorar unha posible amnistía aos líderes independentistas cataláns a cambio dos votos de Junts. 

Sumar acusa a Feijóo de "mentir a España"

A portavoz de Sumar, Marta Lois, acusou ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, de acudir ao Congreso "para mentir a España" e de non ser un home de Estado, insistindo en que non ten os votos para poder gobernar porque "está atado de pés e mans á ultradereita".

Lois, na súa intervención de cinco minutos, preguntoulle a Feijóo que por que non asume a súa derrota e recoñece que só pode contar co apoio de Vox.

ERC leva ao debate a esixencia de fixar as condicións dun referendo

A deputada de ERC Teresa Jordá expuxo no Congreso durante o debate de investidura do líder do PP a esixencia do seu partido de fixar as condicións para convocar no futuro un referendo en Cataluña.

Despois de que ERC e Junts puxesen esa condición ante o Parlament para dar o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno, Jordá referiuse a ela na cámara baixa.

Tras rexeitar secundar o "vodevil" da investidura de Feijóo, reivindicou a independencia de Cataluña, algo que dixo quelle  viría ben tamén ao líder do PP porque podería recentralizar máis as competencias, investir todo en Madrid e, mesmo, gobernar España "sempre con permiso de Ayuso".

Jordá defendeu a democracia, que subliñou que supón poñer medios para resolver problemas como o conflito en Cataluña.

Foi nese momento cando tras dar por feita a amnistía dixo que ve chegado o momento dunha fase de negociación para fixar definitivamente as condicións para que Cataluña poida votar."E a fe de Deus que un día, máis pronto que tarde, farao", engadiu.

A representante de ERC cualificou de "vergoña" que o rei designase a Feijóo candidato á presidencia sen ter os apoios necesarios e lamentou que na xefatura do Estado haxa "unha familia de ladróns".

Un insulto que a presidenta do Congreso, Francina Armengol, advertiu de que se retirará do diario de sesións da cámara así como as referencias da deputada de ERC aos policías nacionais como "piolines".

Pola súa banda o deputado do BNG, Néstor Rego, criticou que Feijóo chegase, falase e fracasase, sen propostas concretas e ignorando as necesidades de Galicia" e avisou que de haber adianto electoral na súa comunidade autónoma, o BNG "está preparado para afrontar o desafío".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade