Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue a reducirse a ocupación hospitalaria en Galicia e baixan os casos de coronavirus

Segue a reducirse a ocupación hospitalaria en Galicia e baixan os casos de coronavirus

Lixeira repunta dos novos diagnósticos con 4.914 positivos, (+103)

Hai 44 enfermos nas UCI, tres máis que 24 horas antes

O Sergas notifica oito novas mortes pola covid, o que eleva a cifra a 2.969 falecidos durante a pandemia

G24.gal 05/02/2022 09:42 Última actualización 14:10

Galicia continúa na fase da meseta desta sexta vaga da pandemia de coronavirus coa ómicron como a variante dominante. A incidencia continúa a reducirse na comunidade, aínda que con dentes de serra nos indicadores. Este sábado, con datos das 18 horas do venres, son 60.307 as infeccións activas, o que supón unha baixada de 1.834 casos de persoas co virus respecto das 24 horas anteriores, despois do lixeiro incremento da xornada anterior. 

Trátase duns 20.000 infectados menos que o pasado 20 de xaneiro , cando Galicia rexistrou o pico desta vaga de contaxios. 

Pola contra rexístrase unha lixeira repunta nos novos diagnósticos detectados nas probas diarias e son 4.914 os contaxios diarios, (+103).

Pero tamén é positiva a evolución da ocupación hospitalaria, agás nas UCI. Hai 643 persoas ingresadas, que son 25 menos que a xornada anterior. A redución dáse en planta con 599 enfermos, que son 28 menos, pero nas UCI están 44 persoas con terapia intensiva, tres máis que as 24 horas anteriores.

 O Sergas notifica este sábado oito novas mortes nas últimas horas de pacientes diagnosticados por coronavirus.  Así os falecidos desde o inicio da pandemia en Galicia son 2.969 persoas.

Situación por áreas sanitarias

As infeccións activas baixan en todas as demarcacións sanitarias de Galicia e a mellor situación nas UCI está en Ferrol con dous enfermos en agudos. Só na Coruña e Vigo superan o milleiro de positivos diagnosticados nas últimas 24 horas.

Estas dúas zonas concentran case a metade do total de persoas co virus en Galicia.

A Coruña :  12.935

Vigo : 15.724

Ourense :  5.915

Santiago :  10.398

Lugo : 6.217

Pontevedra : 6.289

Ferrol :  2.829

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade