Sebas Moyano é o xogador máis en forma do Lugo antes da visita á Rosaleda
Sebas Moyano sobe ao Twitter a súa elección como mellor xogador do partido ante As Palmas.
E é que por cuarta xornada consecutiva, o andaluz acaba de ser destacado polos afeccionados como a figura do encontro.
Para falar con el do seu grande estado de forma, propuxémoslle un paseo pola banda, o espazo onde se sente máis cómodo.
"Primeiro, agradecer á afección por darme o premio outra vez", di o xogador. "Ao final, creo que é un traballo colectivo, un premio no que se nomea un xogador, pero que é de todo o equipo. O míster transmíteme moita confianza eu tento devolvela no campo. Cando cheguei, en Córdoba xogaba máis por dentro, agora adapteime a xogar na banda. Estou cómodo na banda, en calquera das dúas o estou, pero se teño que elixir unha, a esquerda porque podo meterme por dentro e saír por fóra; na dereita igual son menos daniño porque salgo cara a miña perna esquerda pero calquera das dúas, mentres sexa no campo, gústame".
Tentando aproveitar ese bo momento de Sebas Moyano, o Lugo viaxa á Rosaleda para enfrontarse o sorprendente pechacancelas da clasificación, un Málaga que só gañou un partido e que leva tres encontros sen marcar.
"É rara a situación do Málaga porque creo que ten dos mellores xogadores da categoría, fixeron un equipazo, estase a dar unha situación que non agardaba ninguén que estivese de pechacancelas e nós imos coma en calquera partido, tentar traernos os tres puntos, estamos facendo bo traballo fóra da casa", indica Sebas Moyano.
Como na última saída a Huesca, onde Sebas Moyano foi a toda velocidade.