Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santi Mina esixe reincorporarse aos adestramentos co Celta

Santi Mina esixe reincorporarse aos adestramentos co Celta

G24.gal 18/07/2022 14:05

Santi Mina esixe volver adestrarse co Celta nas instalacións de Afouteza. O futbolista toma esta decisión ante a sorpresa do club. Mina acóllese ao seu dereito de traballar no Celta, xa que a sentenza pola que foi condenado, por abuso sexual, non é firme e os seus avogados recorreron contra ela.

Desde o pasado 4 de abril, Santi Mina estaba apartado do equipo. O Celta buscoulle unha saída, pero o dianteiro declinou aceptar, por exemplo, a proposta do AEK de Atenas. Así que, desde mañá mesmo, Santi Mina volverá adestrarse baixo o escudo do Celta, aínda que sexa en solitario.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade