Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez condena en Seúl os ensaios balísticos de Corea do Norte

Sánchez condena en Seúl os ensaios balísticos de Corea do Norte

Hoxe mesmo o réxime norcoreano disparou un mísil balístico de curto alcance cara ao mar do Xapón

G24.gal 17/11/2022 12:08

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, rexeitou e condenou este xoves os ensaios balísticos de Corea do Norte que considera que fan patente a vixencia do que denominou "a ameaza norcoreana".

Sánchez criticou a actitude de Corea do Norte na clausura da tribuna España-Corea do Sur, un foro das sociedades civís dos dous países organizado pola Korea Foundation e a Casa Asia e que celebrou a súa décimo cuarta edición coincidindo coa visita oficial de Sánchez ao país asiático.

Tras asegurar que o Goberno de Corea do Sur é un dos principais aliados de España en Asia oriental foi cando se referiu á tensión xerada por Corea do Norte.

"Inquiétanos o desenvolvemento do programa nuclear de Corea do Norte, e a súa preocupante escalada armamentística e o número inédito de ensaios balísticos no que vai de ano en clara violación das resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas que nos advirte da vixencia da ameaza norcoreana", asegurou.

Unha condena desas actuacións na xornada enque Corea do Norte disparou un mísil balístico de curto alcance cara ao mar de Xapón apenas horas despois de que a chanceler norcoreana ameazase con "dar unha resposta máis fera" aos movementos de Estados Unidos para fortalecer o seu poder de disuasión na península coreana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade