Rubén Díez é a peza que faltaba no centro do campo do Deportivo
A temporada pasada xogou a fase de ascenso a Primeira División co Tenerife
Rubén Díez é ese centrocampista con capacidade de creación, último pase e con gol que pedía Borja Jiménez. Un xogador que a temporada pasada estaba no Tenerife que xogou a fase de ascenso a Primeira División aínda que no cadro tinerfeño tivo un papel secundario, participando sobre todo nas segundas partes.
O aragonés ten experiencia (fará os 29 anos a finais de agosto) e xa ascendeu a Segunda co Castellón. Tardou en chegar ao fútbol de Segunda B porque debutou nesta categoría con 25 anos xogando para o Teruel. O impacto foi tan grande que en xaneiro o asinou o Castellón e con este equipo demostrou todo o fútbol que ten. Peza chave no ascenso (6 goles) e titular indiscutible en Segunda (7 goles) nos mellores anos da súa carreira.