Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan vivos a tres tripulantes dun pesqueiro afundido na ría de Muros-Noia

Rescatan vivos a tres tripulantes dun pesqueiro afundido na ría de Muros-Noia

Os tres mariñeiros refuxiáronse nunha balsa ata que foron recollidos por outro pesqueiro

G24.gal 15/03/2023 10:16

Os tres tripulantes dun pesqueiro que se afundiu este mércores á mañá na ría de Muros e Noia puideron ser rescatados sans e salvos, segundo informan os servizos de emerxencias.

En concreto, tal e como recolle o CIAE 112-Galicia, foi o Servizo de Gardacostas de Galicia o que deu a voz de alarma sobre o naufraxio pasadas as 8:00 horas deste mércores. Na súa chamada, informaba de que se mobilizou o helicóptero de rescate Pesca I.

 

Os tres mariñeiros refuxiáronse nunha balsa ata que foron recollidos por outro pesqueiro, que os trasladou a unha embarcación mobilizada por Salvamento Marítimo. Posteriormente, a tripulación foi levada ao peirao de Porto do Son.

No operativo participaron tamén efectivos de Garda Civil, GES de Muros, Policía Local e Voluntarios de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade