Rescatan os catro tripulantes tras o naufraxio dun barco preto de Cedeira
Os mariñeiros estaban na balsa salvavidas
O buque sufriu unha vía de auga a 1,3 millas de Punta Candieira
Imaxe de Salvamento Marítimo do pesqueiro El Cañavera semiafundido
Os catro tripulantes do barco El Cañaveral foron rescatados do naufraxio fronte ás costas de Cedeira, segundo nformou este luns o servizo de Salvamento Marítimo.
Foron os propios tripulantes do pesqueiro os que deron a voz de alarma indicando que sufrían unha vía de auga e que se estaban afundindo a 1,3 millas de Punta Candieira.
O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizou o helicóptero Helimer 401, así como a Salvamar Shaula e unha embarcación de Cruz Vermella. Con todo, o pesqueiro Brisas de Cedeira, que se atopaba na zona, localizou a balsa cos mariñeiros e foi quen os rescatou.
Imaxe de Salvamento Marítimo da balsa onde estaban os mariñeiros
O Brisas de Cedeira trasladou os catro mariñeiros ao porto de Cedeira.