Rescatan con vida unha muller de 92 anos tras o incendio da súa vivenda en Noia
Dous homes que comían nun restaurante próximo sacaron a anciá, que foi trasladada ao hospital
As lapas comezaron nunha manta eléctrica e estendéronse pronto a un colchón
Susto este mediodía en Noia, despois de que unha anciá de 92 anos quedara atrapada no seu piso tras declararse un incendio a causa dunha manta eléctrica.
Ao parecer, as lapas comezaron na manta, pero pronto se estenderon ao colchón e afectaron boa parte do cuarto onde estaba a muller, que se atopaba soa na vivenda. Foron dúas persoas que estaban no exterior os que, alertados polo fume, accederon ao interior e conseguiron sacar a anciá.
Montouse un amplo dispositivo de emerxencia, no que foi fundamental tamén a axuda dos veciños da zona. A muller foi trasladada a un centro hospitalario.