Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remonta do Coruxo, que depende de si mesmo para xogar a promoción

Remonta do Coruxo, que depende de si mesmo para xogar a promoción

Gañou 2-4 no feudo do Llanera con dous goles de Mateo, Chiqui e Manu

G24.gal 08/05/2022 16:49

O Coruxo defenderá posto de play-off na última xornada logo de remontar o gol inicial de Viti no minuto 5 a prol do Llanera e acabar gañando 2-4 con dupla de Mateo, Chiqui e Manu (penalti). Con este triunfo os vigueses dependen de si mesmos o vindeiro domingo para xogar a fase de ascenso.

Cun golazo Mateo Míguez igualaba o tanto inicial do Llanera. E ao bordo do descansa repetía o redondelán logo dunha gran xogada de Chiqui para marchar ao descanso en vantaxe. Tralo descanso, ampliaría a vantaxe Chiqui.

Pero o Llanera non lle perdeu a cara o partido, logo de varias ocasións Lucas Fernández non puido evitar o tanto en propia porta que recurtaba diferenzas. Logo de 3 corners consecutivos a derradeira acción rematou con penalti do cancerbeiro e Manu pecharía o marcador final de 2-4 no Pepe Quimarán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar