Pedro Sánchez aposta por corrixir a dependencia da UE en sectores clave
O presidente do Goberno afirma que a autonomía estratéxica será un dos focos da presidencia española da UE
A saúde, a alimentación, a enerxía e as tecnoloxías son os sectores máis dependentes
España presidirá o Consello da Unión Europea no segundo semestre este ano. Nun acto no Ministerio de Asuntos Exteriores, Pedro Sánchez anunciou que unha das prioridades da presidencia española será corrixir a dependencia de terceiros países en sectores clave como a saúde, a alimentación, a enerxía e as tecnoloxías.
"Imos reindustrializar Europa, e por tanto tamén España. Imos recuperar empregos e capacidades estratéxicas que nunca debemos perder. Imos apostar por sectores de futuro, en ámbitos como a dixitalización ou a transición ecolóxica. Cun obxectivo: reforzar a competitividade das nosas economías", asegurou o xefe do Executivo.